Más información na web.⬇️
ATLANTIC MOZART FLUTE QUARTETS
MOZART Á GALEGA
Grabación da Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas de W. A. Mozart con temas tradicionais galegos.
Cando Mozart viaxaba por centro Europa sorprendendo a propios e estranos, en Galicia o mar xa batía contra os cantís de Cabo Vilán, os monxes do Mosteiro de Samos xa cantaban Gregoriano, nas lonxas o peixe era vendido a gritos, a Compostela chegaban cada día centos de almas que buscaban a paz e o perdón.
Este disco/libro, publicado (outono de 2021) por Edicións Xerais de Galicia dentro de un libro para ne@s escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de W.A. Mozart a Galicia, con ilustracións de Xosé Covas. ” O XENIO DA CIDADE DO SAL”
A grabación foi feita na Igrexa de San Pedro Fiz de Hospital (O Incio) por Casa de Tolos.
Interpretado cunha Frauta de madeira de finais do século XIX.
Intérpretes:
Luis Soto: Frauta Travesa.
David García: Violín
Ioana Ciobotaru: Viola
Millán Abeledo: Violoncello
PROGRAMA:
W. A. Mozart, Cuarteto para frauta e cordas en La Maior, KV 298
“Alalá das Mariñas”
Andantino
Menuetto
Rondeau – Allegretto grazioso (ma non troppo presto, pero non troppo adagio, cosi, cosi, con molto garbo e espressione.)
W. A. Mozart, Cuarteto para frauta e cordas en Sol Maior, KV 285a
Andante
Tempo di Menuetto
“Teño un amor en Rianxo”
W. A. Mozart, Cuarteto para frauta e cordas en Do Maior, KV 171 (285b)
Allegro
Thema, Andantino
“E pousa, pousa, pousa”
W. A. Mozart, Cuarteto para frauta e cordas en Re Maior, KV 285
Allegro
Adagio
Rondeau – Allegretto
“A Carolina”
————————————————————————————————–
“Alfonsina y el mar”
En memoria dos falecidos ao longo da pandemia.
– Interpretado cunha Frauta de madeira de finais do século XIX
* Tódolos arranxos das músicas tradicionais foron feitos por: Alfonso Morán
Duración: 56 m