Intérpretes
Proxecto Bach
Luis Soto: Frauta Travesa.

Nace en Guláns Ponteareas, e comeza a tocar unha frauta feita polo seu pai cun tubo de plástico con tan só 8 anos. Na súa formación interveu mestres da talla de Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. Gañou o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o segundo premio no Lucien Wumser, en París. Ofreceu centos de concertos en todo o mundo así como gravacións para radio, televisión e cds e impartíu cursos de formación e perfeccionamento a mozos de todas as idades. Xunto co guitarrista Carles Trepat grava a integral de Joaquín Rodrigo para o selo EMI Clasic e, xunto a Diego García (piano) impulsa o proxecto Galicia XXI no que interpretan o repertorio galego para ambos instrumentos. Ademais, é membro fundador do TAC: Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble de referencia da música contemporánea en Galicia.
Luis Soto é profesor na Real Filharmonía de Galicia dende a súa fundación.
Ludwig Dürichen: Violín

É asistente de concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia dende fai18 anos.
Estudou violín cos profesores Ida Bieler e Walter Forchert na Universidade de Música e Artes Escénicas de Frankfurt e co profesor Ilan Gronich na Universidade das Artes de Berlín. Realizou prácticas na Ópera Estatal de Baviera co seu entón director artístico Zubin Metha e clases maxistrais con Thomas Brandis e Rainer Kussmaul que completaron a súa formación.
A súa carreira profesional comezou en 2002 como director dos 2. Violins da Orquestra Filharmónica do Estado de Hamburgo. Ademais, foi convidado neste cargo pola NDR Symphony
Ludwig Dürichen: Violín
Orchestra (Elbphilharmonie Orchester) baixo a batuta de Herbert Blomstedt, a Bavarian State Orchestra, a Deutsche Oper Berlin Orchestra, a City of Barcelona Orchestra e o Musikkollegium Winterthur.
Os seus compromisos como primeiro concertino levárono regularmente ás orquestras de Granada, O Porto, Staatstheater Kassel e Teatro Giuseppe Verdi de Salerno.
Na tempada 2017/18, Ludwig foi substituto habitual dos violíns de 2o da Staatskapelle Dresden e, entre outros compromisos, participou nunha xira por China baixo a batuta de Alan Gilbert.
Desde 2011, é axudante de concerto na orquestra Le Concert Olympique de Bélxica, fundada polo experto en Beethoven Jan Caeyers.
A xira de concertos de novembro de 2021 levouno como primeiro concertino con esta orquestra e solista Sabine Meyer á Elbphilharmonie de Hamburgo, a Berlin Philharmonic Hall e Ludwigsburg.
O pasado mes de febreiro tocou como solista o concerto de violín de Jesús Torres coa súa orquestra en Pontevedra e A Coruña.
En maio de 2023 gravou co pianista Javier López Jorge o concerto para violín do compositor Richard Marriott (Los Ángeles) en versión sonata nos estudios Mans da Coruña.
Ludwig é primeiro violín do Atlantic Quartet.
Foi invitado como profesor a festivais en Brasil e Canadá.
Álex Salgueiro: Fagot

É fagotista na Orquestra Sinfónica de Galicia dende o 2006, onde foi dirixido por maestros comoVíctor Pablo Pérez, Jesús López-Cobos, Dima Slobodeniouk, Roberto González-Monjas, Sir Neville Marriner, Lorin Maazel, Klaus Mäkelä, Christoph Eschenbach o Gustavo Dudamel. Tamén colaborou con outras agrupacións como a Sinfónica de Navarra, Simfònica de les Illes Balears, a Filarmónica de Gran Canaria, a Real Filharmonía de Galicia, a do Gran Teatre del Liceu, ou a Orquestra Gulbenkian. Actuou como solista coa Orquestra Gaos, o Taller Atlántico Contemporáneo a RFG e a OSG e combina a vida orquestral cunha intensa actividade camerística co grupo Zoar, do que forma parte dende a súa creación en 2009 e con quen realizou concertos en Galicia, Castela e León, Cataluña, Portugal e Arxentina.
Javier López Jorge, piano.

Nado en Santiago de Compostela en 1988, desenvolveu a súa formación no Conservatorio Superior de Castela e León, no Royal College of Music de Londres (grazas unha bolsa da Deputación da Coruña e o Violet Goodward Prize) e na Liszt Ferenc Academy of Music de Budapest cos mestres Andrew Ball, Márta Gulyás, Péter Nagy, Rita Wagner e András Kemenes. Ademáis, amplía a súa formación con Ferenc Rados, Claudio Martínez Mehner, Maria João Pires, Boris Berman ou Kennedy Moretti, entre outros.
Entre os seus galardóns como solista e músico de cámara destacan o segundo premio no “Concurso Internacional de Piano de Donostia Hiria”, o primeiro premio no “II Concurso de Piano ASGAIM” e o primeiro premio no “Joan Chissel Robert Schumann International Lied Competition”.
A súa actividade concertística desenrólase por España, Francia, Reino Unido, Alemaña, Hungría, Polonia e Bulgaria, levándono a actuar como solista coa orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais no ano 2011.
Recentemente finalizou a súa tese doutoral, baixo a dirección do prestixioso musicólogo László Vikárius, sobre a tradición interpretativa a principios do século XX no Imperio Austrohúngaro centrada na figura do compositor Béla Bartók e nas súas edicións pedagóxicas das sonatas de Mozart, Haydn e Beethoven.
PROXECTO HAYDN
Nikolai Velikov: Violín

Dende moi novo foi educado musicalmente nun ambiente familiar para ingresar na esco- la de música da súa cidade natal, Sliven, aos seis anos. Foi galardoado tres veces no Con- curso Nacional Búlgaro de Intérpretes No- vos.
Máis tarde ingresou no Instituto Nacional de Música Lyubomir Pipkov de Sofía, comple- tando os seus estudos no Conservatorio Su- perior “Pancho Vladiguerov”, cos recoñecidos educadores de violín V. Choparinov, B. Danai- lov e A. Ilchev.
Obtivo o título superior en violín e música de cámara, seguindo os estudios na Academia
Santa Chiara de Trento, co profesor Stefano Pagliani.
Comezou a súa carreira profesional na Orquestra de Cámara de Sofía como concertista, realizando numerosos concertos no seu país e xiras por Alemaña, Holanda, Francia. Complementa esta actividade coa interpreta- ción de gran parte do repertorio solista e de cámara para o seu instru- mento.
Como músico aberto a outros estilos como o jazz e a música tradicional, adoita formar parte de varios grupos como; R. Somoza Quintet, o grupo “Radio Cos”, Orquesta Voland … actuando con todos eles concertos e gra- vacións de CD e DVD que foron moi satisfactoriamente recoñecidas pola crítica especializada.
N. Velikov desenvolve unha intensa actividade pedagóxica como
Profesor de violín na Escola de Estudos Musicais de Galicia dende 1998.
Ioana Ciobotaru: Viola

Nace en Râmnicu Vâlcea, Rumanía. Gradúase en viola na Universidade de Música de Bucarest e é becaria na Scuola dei Alto Perfezionamiento Musicale de Saluzzo en Italia, onde completa a súa formación co profesor Alfonso Ghedin da Academia Nazionale di Santa Cecilia en Roma. Foi membro da Fiori Rari Orchesta de Suiza e da Filharmónica George Enescu de Bucarest. Traballou en Xapón con formacións camerísticas e en Brasil coa Orquestra Estatal de Sao Paulo.
Dende 2001 é viola da Real Filharmonía de Galicia e membro activo do Taller Atlántico Contemporáneo.
ÁLVARO QUINTANILLA MARFUL Violoncello

Nace en Madrid. Comeza os seus estudios de violoncello co seu pai Álvaro Quintanilla Kyburz, (solista da Orquestra Nacional de España) e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid cos profesores Pedro Corostola e Rafael Ramos.
Paralelamente realiza os seus estudios de música de cámara co profesor Luis Rego. Asiches a cursos de perfeccionamento con Reine Flachot, Daniel Grosgurin e Alexandra Frantseva, entre outros.
Durante os seus anos de estudio é nomeado solista da Nova Orquestra da Comunidade de Madrid, actuando entre outras salas na Philarmonie de Berlín.
Colabora coa Orquestra Cidade de Málaga, Orquestra de Cámara «Vila de Madrid» e Orquestra Nacional de España ao longo de dez tempadas, traballando con algúns dos máis importantes directores e solistas do momento.
Comprometido coa música actual, forma parte do grupo Cosmos 21 dirixido por Carlos Galán, co cal estreou máis de medio centenar de obras en España, Italia e Latinoamérica. Así mesmo realizou gravacións para R.N.E e actua en diferentes festivais e ciclos na Fundación Juan March, Círculo de Belas Artes, Fundación Marcelino Botín, Museo Reina Sofía, Centre de Cultura Contemporània de Valencia e Auditorio Nacional de Música.
No ano 2006 interpreta un dos papeis solistas da obra de Carlos Galán «Concerto Grosso para o cosmos Op. 62» na súa estrea absoluta no Auditorio Nacional de Madrid e acompañado pola ORCAM.
Na súa faceta pedagóxica foi invitado a impartir clases de violoncello no Conservatorio Nacional de Música de Paraguai, Nicaragua e El Salvador.
Na actualidade e dende o ano 2004 imparte clases de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
