BACH NOS ANCARES (PIORNEDO)

Fisión Atlántica Ensemble

Presenta:

J. S. Bach e Xesús Fraga nos Ancares

GRAVACIÓN E CONCERTO DO LIBRO DE X. FRAGA E DISCO DE J. S. BACH 

CON MÚSICAS DOS ANCARES

Piornedo – Os Ancares (Lugo)

Sábado 7 de xuño de 2025

(Palloza museo casa do Sesto)

Hora: Polo serán.

Intérpretes:

Luis Soto – Frauta

Ludwig Dürichen – Violín

Álex Salgueiro -Fagot

Javier López Jorge – Clave

Libro-disco Música de J.S. Bach Escritor: Xesús Fraga Editorial: Edicións Xerais

O proxecto busca crear un libro-disco que profundice na vida, obra e legado do célebre compositor Johann Sebastian Bach ao tempo que poñemos as súas músicas á par dos nosos alalás.

«O Legado Musical de Johann Sebastian Bach».
Este libro-disco combinará un texto escrito por Xesús Fraga cunha selección de obras musicais de J. S. Bach interpretadas polo Fisión Atlántica Ensemble.

Johann Sebastian Bach é un dos compositores máis influíntes e aclamados da historia da música occidental. O seu vasto legado musical abarca desde obras maestras para órgano e música de cámara ata obras corais monumentais. Este

proxecto xorde como unha iniciativa para profundizar nel dunha maneira innovadora e accesible. Con todo, a súa vida e obra aínda conteñen numerosos misterios e aspectos pouco explorados.

Xesús Fraga ofrecerá unha análise exhaustiva da vida e obra de Bach, explorando a súa infancia, formación musical, influenzas, principais obras e legado.
Abordaranse aspectos tanto biográficos como musicais, contextualizando a época e as circunstancias nas que vivíu Bach.

Xesús ten en mente repetir a viaxe que Bach fixo cando contaba con vinte anos de idade, dende Arnstadt a Lübeck, a pé, para escoitar tocar o órgano a Dieterich Buxtehude. (Luis Soto acompañará ao autor nesta viaxe).

Máis información en:

Xesús Antón Fraga Sánchez,

nado en Londres o 28 de febreiro de 1971, é un escritor galego.

Naceu no barrio londinense de South Kensington, pero axiña se trasladou coa súa familia á Coruña, e posteriormente a Betanzos. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Salamanca, traballou como redactor na delegación de Lugo, na sección de Galicia e na de Cultura do xornal La Voz de Galicia.

Premio Nacional de Narrativa 2021 por Virtudes (e misterios).

O libro-disco incluirá unha coidadosa selección de pezas musicais representativas do repertorio de Bach. Priorizaranse obras clave que abarquen diferentes xéneros e estilos dentro da súa produción, como música para teclado, música de cámara, obras corais e concertos para instrumentos solistas.

Cada peza musical será acompañada de comentarios e análises detallados por parte de Xesús Fraga. Estas análises ofrecerán información sobre a estrutura musical, a técnica compositiva e o significado emocional de cada obra, axudando ao lector a comprender mellor a profundidade e a beleza da música de Bach.

O libro-disco será publicado por Edicións Xerais de Galicia e contará cun deseño elegante e atractivo, que combinará elementos visuais que reflicten a época e a contorna na que viviu o compositor.

O libro inclúe as ilustracións de Xosé Cobas.

Intérpretes:

Luis Soto – Frauta

Ludwig Dürichen – Violín

Álex Salgueiro -Fagot

Javier López Jorge – Clave

Programa:


Tema das variacións Goldberg. BWV 988 (Clave)

– Aria

Trío Sonata en Sol M para frauta, violín, fagot e piano. BWV 1038

– Largo
– Vivace
– Adagio

– Presto


Chacona da Partita en Re m para violín solo. BWV 1004

Trío sonata para violín, frauta e baixo contínuo en Sol M. BWV 1039.

– Adagio
– Allegro ma non presto
– Adagio e piano

– Presto.

Sonata para frauta e baixo continuo en Mi M. BWV 1035. 

– Adagio ma non tanto
– Allegro
– Siciliano

– Allegro assa


Tema das variacións Goldberg. BWV 988. (Arranxo para frauta, violín, fagot e piano).